lunes, 29 de julio de 2013

Voltei! (Aínda que vos importe unha puta merda)

              Voltei! (Aínda que vos importe unha puta merda). Si. Aquí estou de volta, aínda non sei como, pero recuperei o contrasinal deste blogue. Esta entrada non vai ter ningún contido interesante, por aquilo de seguir a liña das anteriores...
              Animeime a voltar ao blogue grazas a ler moitos e moitos blogues de xente bastante inspiradora (mentira, é porque no verán aburrome moito e teño tempo para facer frikadas deste calibre). Moita xente emprega esta ferramenta para transmitir sentimentos a través de escritos própios, empregrando imaxes, ou sinxelamente para frikear un pouco, que é moi san de vez en cando.
              Eu aquí farei un pouco de todo, publicarei textos propios sacados da miña imaxinación (poucos, a miña imaxinación non da para moito), falarei de fútNON VOU FALAR DE FÚTBOL. (Que raro en min, eh?;)) E non sei.. tentarei desafogarme por medio da escritura... boas noites e ate outra.

                                                                                                                                 @PuenteGZ.
         

martes, 7 de agosto de 2012

Rajoy, Obama, cal é o auténtico oitavo pasaxeiro?

Os acontecementos que se levaron a cabo onte, dia 6 de Agosto de 2012 na provincia de Pontevedra levaronme a sacar varias conclusións, pero antes explicarei con datalle eses feitos insólitos.

  • O primeiro foi enterarme de que Mariano Rajoy estaba xa de vacacións no concello de Sanxenxo.
  • Logo chegoume a nova de que Rajoy falou con Obama por telefono (cousa rara che, porque este home non se caracteriza polo seu dominio do inglés).
  • Os artefactos explosivos de Resistência Galega.
  • E por último, a luz extraña no ceo que se viu en Pontevedra e en mais lugares da provincia, e que propiciou que "OVNI" fose TT no estado español.
E agora van as miñas conclusións ou cuestións ás que lle seguirei dando voltas:

  • Como se coida o presidente, que en verán, Sanxenxo esta carísimo.
  • Terán Rajoy e Obama unha ligua propia coa que comunicarse? Quizabeis unha lingua provinte do espacio? Son reptilianos Rajoy e Obama?
  • É Resistência Galega un grupo organizado saído do lado escuro do que se falaba en "Star Wars"?
  • Pode Resistência Galega viaxar polo espacio pero non sabe facer unha bomba decente que rebente?
  • Mandou Obama a alguen a vixiar a Rajoy cun aparello da CIA?
  • Somos tan frikis en Pontevedra que vemos unha luz no ceo e conseguimos facer TT "OVNI"?

lunes, 30 de julio de 2012

Porqué Galiza e non Espanha.



Vai uns anos xa dende que me picou a curiosidade por saber que era iso do nacionalismo galego, de saber que significaba esa estrela vermella que vía en algunhas bandeiras e moitas outras cousas... Nestes anos cheguei á conclusión de que a cultura da Galiza é totalmente distinta á de Espanha, tan distinta que agora me molesta que me chamen espanhol ou me identifiquen con esa cultura. 
Galiza, mais que unha nación, é un sentimento, que esta no corazón de todos os galegos de ben, os que coidan a lingua galega, os que defenden a súa patría fronte aos ataques espanholistas e europeos, os que se consideran galegos e non espanhois.
Por estes, e outros motivos, é polo que eu elixín Galiza e nom Espanha.